jueves, 3 de diciembre de 2015

5 anos maís



5 anos maís, polo menos , frase con ton sentenciador ,pero de boa fe, foi o que pronunciou  un amigo o final do día despois de estar durante esa xornada dando unha volta polas miñas viñas  vendo como lle  estaban  sentando  o solo e as cepas  un comezo de Outono húmido e con moi boa temperatura. Quedan aínda moitísimo anos de traballo, espero, pero o que si xa tiña valorado nestes últimos tempos e que ia necesitar cinco anos maís de intenso e duro traballo para lograr a ansiada estabilidade de: chans que aínda non lograr ser minimamente independentes, viñas vellas que se reinxertaron , e que reinxertaremos o ano que ben, viñas novas que están no duro e lento tramo de afondar e afondar en chans pobres, e como non estabilidade económica, que nos permita ter tempo para perder o tempo. Pois aquel día meu amigo e maís eu vimos que a entrada do Outono lle sentou moi ben  a chans e cepas, necesitaban ámbolos dous recuperar forzas antes de chegar o letargo invernal, verde moito verde, herba , chans moi vivos.



Finalizada a vendima, seguimos co programa de traballos xa previstos, poñer toxo en aquelas viñas que o necesitan, poñer tamén restos de monte en aqueles chans que están en proceso de voltar a vida, desenraizar os enxertos feitos na Primavera, facer os pes nas viñas que non foron feitos nos meses de Abril e Maio … e hoxe comezar a facer o augardente, o previsto.


5 años más, por lo menos, frase que con tono sentenciador , pero de buena fe , fue la que pronuncio un amigo al final del día y después de estar durante esa jornada dando una vuelta por las viñas, viendo como le estaban sentando al suelo y cepas un comienzo de Otoño húmedo y con muy buena temperatura. Quedan aun muchísimos años de trabajo, espero, pero lo que si ya tenía valorado en los últimos tiempos es que voy a necesitar cinco años mas de intenso y duro trabajo, para logra la ansiada estabilidad de  : suelos que aun no logran ser mínimamente independientes, viñas viejas que se reinjertaron, y que reinjertaremos el año que viene, viñas jóvenes que están en el duro y lento tramo de profundizar y profundizar en suelos pobres, y como no la estabilidad económica que nos permita tener tiempo para perder el tiempo. Pues aquel día mi amigo y yo vimos que la entrada del Otoño le sentaron muy bien al suelo y cepas, ambos necesitaban recuperar fuerzas antes de llegar al letargo invernal, verde mucho verde ,hierba, suelos muy vivos.

 Finalizada la vendimia, seguimos con el programa de trabajos ya previstos, poner tojo en aquellas viñas que lo necesitan, poner también restos de monte en aquellos suelos que están en proceso de volver a la vida, desenraizar los injertos hechos en Primavera, hacer los pies a las cepas en las viñas que dio tiempo en los meses de Abril y Mayo… y hoy comenzar a destilar, lo previsto.
Firvidelas, solos moi ben estruturados, e vivos    
 
Recollimos material moi descomposto no monte, fungos, bacterias, materia organica.....
Trasladamos todos esos " obreiros" para as viñas reinxertadas do Fexaco
Unha vez posto o monte, por encima o toxo: nitroxeno, carbono.
Mais viña vella que pasa a formar parte do proxecto no Fexaco,unha parte, a maís antiga, cepas de Lado de maís de 80 anos van a recuperarse, os socalcos de Palomino e Godello van a reinxertarse, puxemos tamén moito toxo nelas.

Espadeiro, Tinto Serodio, Corbillón boa enxerta no Fexaco o socalco da cima vai tocarlle na proxima Primavera.

Seis meses de vida ten este inxerto de Espadeiro sobre un pé de maís de 90 anos en chan moi granitico nos Vidueiros, Ribeiro, maís ca unha D.O.